AFIRMA SOTELO, por Francisco Sampedro

AFIRMA SOTELO Francisco Sampedro. O bo facer (como artesáns das letras) de Guillermo Ferrández, cristaliza nesta súa última entrega . Cando un comeza a ler esta espléndida novela, acode á mente unha escrita fílmica, rememórase “Afirma Pereira” de Tabucchi, representada cinematográficamente , no estilo grave, incisivo, e feliz por Roberto Faenza. O tal Sotelo –do que nos fala o autor- compón ese ser humano inane, parvo, unha persoa sen vida propia. Un ser inocente, un miña xoia, que vén de xubilarse do seu traballo nun banco (excepcional a descripción que Ferrández nos ofrece arredor desa actividade –máis ben, pasividade). Sotelo é un apoucado, un anodino. Igual que Pereira. E de súpeto ocorre algo que vai mudar substancialmente a vida de ambos. O anuncio médico do seu deshaucio, no caso de Sotelo. O tedio, e a obsesión pola morte, no do luso. Esas circunstancias, esa situación límite, conducen a un compromiso existencial forte, e, nos dous casos tamén...